Vivimos posiblemente na era da educación humana co maior grao de diversidade nas aulas. O caudal de estímulos ao que o alumnado está exposto na súa actividade cotiá é máis abundante ca nunca antes. A súa condición de nativos e nativas dixitais conduce a un solapamento acelerado de referentes sociais e culturais que ten consecuencias nos seus mecanismos de percepción e de atención. Dadas estas premisas, probablemente a verdadeira innovación docente -e, á vez, probablemente o maior reto- radique en poñer a metodoloxía ao servizo dos intereses, experiencias e motivacións do alumnado. A posición activa de cada estudante no seu proceso de aprendizaxe é unha condición que xa moi poucas voces cuestionan. O profesorado non debe deixar de desempeñar unha función de transferencia, pero as funcións comunicativa, empática e de mediación deben adquirir hoxe un rango, como mínimo, equivalente. Actualmente asóciase adoito a innovación docente coa metodoloxías e as novas tecnoloxías, e non tanto coa n...